Corticosteroides

Article on other languages:

Os corticosteroides (do latín cortex, —ĭcis, cortiza, o esteroide) ou corticoides son unha variedade de hormonas do grupo dos esteroides (producida pola cortiza das glándulas suprarrenais) e os seus derivados.

Os corticosteroides están implicados nunha variedade de mecanismos fisiolóxicos, incluíndo aqueles que regulan a inflamación, o sistema inmunitario, o metabolismo de hidratos de carbono, o catabolismo de proteínas, os niveis electrolíticos en plasma e, por último, os que caracterizan a resposta frente ao estrés.

Estas substancias poden sintetizarse artificialmente e teñen aplicacións terapéuticas, utilizándose principalmente debido ás súas propiedades antiinflamatorias e inmunosupresoras e aos seus efectos sobre o metabolismo.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.