|
Article on other languages: |
O maior recife de coral vivo atópase na Gran Barreira de Coral, na costa da Queensland, Australia. A maioría dos corais desenvólvense en augas tropicais e subtropicais, mais poden atoparse pequenas colonias de coral ata en augas frías, como ao longo da Noruega. De feito, os corais son rochas vivas moi procuradas no comercio acuarista - por iso, atópanse ameazados. O coral é o exoesqueleto de colonias de cnidarios. Bioloxía dos coraisOs corais son os membros da clase Anthozoa que constrúen un "esqueleto" que pode ser de materia orgánica ou de carbonato de calcio. Os restantes membros desta clase que non forman exosqueleto son as anémonas. Case todos os antozoarios forman colonias, que poden chegar a tamaños considerables – os recifes - mais existen moitas especies en que os pólipos viven solitarios. Os pólipos teñen a forma dun saco (o celéntero) e unha coroa de tentáculos con cnidocitos (células urticantes) na abertura, que se chama arquéntero. Os antozoarios non teñen verdadeiros sistema]s de órgaos: nen sistema dixestivo nen sistema circulatorio, nen sistema excretor, unha vez que todas as trocas de gases e fluidos se dan no celéntero, unha vez que a auga entra e sae do corpo do animal a través de correntes provocadas polos tentáculos. Non obstante, esta clase de celenterados ten algunhas particularidades na súa anatomía:
ligazóns externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.