|
Article on other languages:
|
Cores do espectro visíbel.
Cor, frecuencia e enerxía da luz.
A cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que refliten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor. Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello. A cor relaciónase cos diferentes lonxitude de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión. Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella. Teoría da CorCando se fala de cor, hai que distinguir entre a cor obtida aditivamente (cores formadas con luz) ou a cor obtida substractivamente (cores formadas con pigmentos). No primeiro caso, chamado de sistema RGB, temos os obxectos que emiten luz (monitores, televisión, Sol, etc.) nos que a cor é a suma de diferentes lonxitudes de onda das cores primarias de luz Vermello + Azul + Verde = Branco. No segundo sistema (subtractivo ou cor pigmento) píntase unha superficie sen pigmentación(branca) mesturándolle as cores secundarias da luz (tamén chamadas de primarias en artes plásticas); Ciano + Maxenta + Amarelo = negro. Este sistema corresponde ao "CMYK" das impresoras e serve para obter cor con pigmentos (tintas e obxectos non emisores de luz). Moitas veces chámanse cores primarias ao amarelo, azul e vermello, o que é incorrecto en ambos espazos de cor. Así o que se chama azul primario corresponde ao ciano. O vermello primario ao maxenta e o amarelo Primario ao propio amarelo. O uso de cores diferentes (azul , amarelo, vermello) neste espazo de cor leva a que non sexa posíbel fabricar todas as cores, e que no círculo das cores certos opostos estean trocados. Nótese que nada disto se coñecía antes da invención do prisma e da división do espectro da luz branca, polo que aínda hoxe ensínase nas nosas escolas que Amarelo/Azul/Vermello son as cores primarias, a partir das cales se obteñen todas as demais, o cal é falso. A principal diferenza entre un corpo azul (iluminado por luz branca) e unha fonte emisora azul é de que o pigmento azul está a absorber o verde e o vermello reflectindo apenas azul en canto que a fonte emisora de luz azul emite efectivamente apenas azul. Se se iluminase o obxecto con esa luz, continuaría a parecer azul. Mais, se polo contrario, se iluminase cunha luz amarela (luz Vermella + Verde), o corpo parecería negro. Táboa de CoresVéxase tamén
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.