|
Article on other languages:
|
Denomínase Constitución á norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regule o réxime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política. Considérase a Constitución a lei básica, ou "lei de leis" pois ningunha das disposicións normativas que rexen no Estado poden contradicir os principios expresados na Constitución. É o que se denomina principio de xerarquía normativa. Isto obriga non só a realizar un xuízo previo de constitucionalidade no proceso de redacción das novas normas, senón tamén unha adaptación do ordenamento pre-constitucional á nova realidade xurídica nacida da constitución.
Clasificación das constituciónsConstitucións Escritas X Constitucións Non EscritasCando se fala de constitución non escrita nun país, isto non quere dicir que non existan naquel país leis cuxo contido sexa materia constitucional (ou sexa, dereitos e liberdades dos cidadáns, e distribución dos poderes e insitucións do Estado), mais si que estas leis non están corporificadas nun único texto, que se elaborara dunha soa vez. O exemplo máis citado de constitución non escrita é a Constitución Inglesa, que se pode considerar composta pola suma de leis como a Magna Carta Libertatum de 1215 e outras leis posteriores que dan forma ao conxunto de dereitos e garantías fundamentais dos cidadáns ingleses, e definen (outras destas leis) a estrutura dos poderes no Reino Unido. Xa as constitucións da maioría dos países (exemplos: España, Francia, Estados Unidos, Portugal, India, Romanía, Brasil, etc.) están expresas nun único texto. Constitucións Ríxidas X Constitucións Flexíbeis
Constitucións Sintéticas X Constitucións DetallistasHai textos de constitucións que conteñen poucos artigos, restrinxíndose a enumerar os dereitos e garantias básicos dos cidadáns e a forma de organización do Estado e dos poderes. Un exemplo é a constitución dos Estados Unidos. Mais hai tamén constitucións que detallan outros aspectos, por exemplo, no campo do Dereito Civil (como o dereito de familia), Tributario (impostos que existirán no país), Dereito do Traballo (xornada de traballo, dereito de asociación en sindicatos, etc), tornando así o texto constitucional máis extenso. Un exemplo desa última é a constitución do Brasil. Ver tamén
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.