|
Article on other languages:
|
En química, un composto é unha sustancia formada pola unión de 2 ou máis elementos da táboa periódica, nunha razón fixa. Unha característica esencial é que ten unha fórmula química. Por exemplo, o auga é un composto formado por hidróxeno e osíxeno na razón de 2 a 1 (en número de átomos). En xeral, esta razón fixa é debida a unha propiedade intrínseca. Un composto está formado por moléculas ou ións con enlaces estables e non obedece a unha selección humana arbitraria. Por este motivo o bronce ou o chocolate son denominadas mesturas ou aliaxes pero non compostos. Os elementos dun composto non se poden separar por procesos físicos (decantación, filtración, destilación, etcétera), senón só mediante procesos químicos.
Natureza dos compostos químicosEnlaces
Os átomos na molécula non poden permanecer unidos sen enlaces. Existen dous tipos de enlaces: o covalente entre átomos (un exemplo é a auga, que está unido mediante un enlace covalente polar) e o enlace iónico, entre ións (por exemplo o cloruro de sodio). Hai algunhas excepcións á definición anterior. Algúns compostos cristalinos poden ser tratados como compostos químicos facéndoos variar de acordo á presenza ou non de elementos na estrutura cristalina. Ademais non todas as moléculas son compostos. Unha molécula diatómica de hidróxeno, representado por H2, é homonuclear, é dicir, ten átomos dun só elemento. Comparación entre mesturas e compostosOs compostos teñen diferentes propiedades físicas e químicas, que veñen dos seus elementos constituíntes. Este é un dos criterios principais para distinguir un composto dunha mestura de elementos ou sustancias. As propiedades das mesturas son xeralmente similares ou relacionadas ás propiedades dos seus constituíntes. Outro criterio é que os constituíntes dunha mestura poden separarse usualmente dun xeito simple. Pola contra os compostos son moi difíciles de separar, necesítanse de procesos físicos para iso. Polo tanto cando un composto está formado polos seus constituíntes, un cambio químico toma lugar a través das súas reaccións químicas. As mesturas poden separarse por si soas. Fórmula
Os químicos describen os compostos usando os símbolos químicos dos átomos enlazados. A orde destes nos compostos inorgánicos vai desde o máis electronegativo á dereita. Por exemplo no NaCl, o cloro, que é máis electronegativo que o sodio, vai na parte dereita. Para os compostos orgánicos existen outras regras. ClasificaciónOs principais compostos químicos que existen na actualidade son:
Véxase tamén
Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.