Cociente intelectual

Article on other languages:

O coeficiente intelectual ou cociente intelectual (abreviado CI ou, en inglés, IQ) é un valor numérico que resulta da realización dun test estandarizado para medir as habilidades cognitivas dunha persoa ("intelixencia") en relación co seu grupo de idade.

Exprésase de forma normalizada para que o CI medio nun grupo de idade sexa 100, é dicir, unha persoa cun CI de 115 está por riba da media entre as persoas da súa idade. O máis normal é que a desviación padrón (σ) dos resultados sexa de 15 ou 16, e os tests deséñanse de xeito que a distribución dos resultados sexa aproximadamente a distribución normal ou gaussiá, isot é, que seguen a curva de campá.

As puntuacións nun test dado e nunha poboación dada tenderon a subir ao longo da historia dos tests de CI (o efecto Flynn), así que estes tests requiren unha renormalización continuada de se desexar manter os estándares anteriores.

Os superdotados son aqueles que se atopan dúas sigma por riba da media.

Temas relacionados

Este artigo tan só é un esbozo.
Artigo nos seus primeiros pasos.
Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
(Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.)

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.