|
Article on other languages:
|
A cocaína é un alcaloide cristalino, que se extrae da folla de coca, planta coñecida como Erythroxylum coca, oriunda de Sudamérica, que medra no Perú, Bolivia e Colombia. Esta planta emprégase como planta medicinal para cólicos abdominais, dor de cabeza, mal de altura e tamén como vigorizante. Clasificada dentro das drogas ilegais, é un potente estimulante. É empregada por vía respiratoria, baixo a forma de clorhidrato de cocaína, po de cor branco cristalino, que actúa a nivel do sistema nervioso central, causando hiperactividade, locuacidade, maior actividade física e psíquica. A súa fórmula química é C17H21NO4
HistoriaA cocaína foi descuberta por Albert Niemann e Friedrich Wahler en 1860, pero foi Angelo Mariani o primeiro en intentar cultivar os arbustos de coca no seu xardín. Ao non conseguir que arraigara importou varias toneladas de follas desta planta e elaborou unha bebida, o viño Mariani. A primeira receita da bebida refrescante Coca-Cola tamen contiña extracto de follas de coca. A planta foi usada polos Incas dende o século III a.C. como planta medicinal. Durante un tempo a Igrexa prohibiuna porque dicía que era cousa do Demo. Máis tarde volvéuselle dar un uso medicinal e recreativo ata que se viu que o seu abuso creaba adicción. ConsumoA cocaína pode ser consumida por distintas vías:
O consumo da cocaína provoca unha diminución nas dendritas e unha menor densidade de espiñas das células piramidais, que se atopan na corteza cerebral. Estas neuronas son básicas para a plasticidade do cerebro ou, o que é o mesmo, para manter a capacidade de cambio do sistema nervioso central. EfectosA cocaína ten efectos estimulantes, acompañados de:
O suxeito experimenta unha esaxeración das súas capacidades e habilidades, e de todas as sensacións pracenteiras normais, pero o efecto mais importante é unha intensa euforia que se experimenta como unha intensa sensación de pracer que dura varios segundos. Estes efectos aparecen de forma case inmediata e a intensidade con que son experimentados depende da dose, da vía de administración e da forma de consumo. A cocaína é unha droga enormemente aditiva como resultado da súa habilidade para impedir a reabsorción da dopamina polas células nerviosas. O cerebro emite unha anormal e elevada cantidade de dopamina como parte do seu sistema de gratificación, o que está directa ou indirectamente involucrado nas propiedades aditivas das principais drogas. Outro efecto da cocaína é o desenvolvemento de tolerancia co uso habitual: non se obtén o mesmo efecto coa mesma dose ao cabo dun tempo. Por este motivo, os adictos van aumentando cantidade e frecuencia de forma progresiva. O efecto da droga pode conducir á ansiedade extrema de consumir máis. No caso extremo a dinámica do consumo pode ter como consecuencia que dure algunhas horas ou días. Un caso especial do consumo de cocaína de larga duración é a aparición da chamada loucura dermatozoica, na que o consumidor está convencido de que os insectos se moven debaixo da sua propia pel. Ademais coa dependencia de cocaína tense a miúdo unha deterioración da conciencia do adicto. Perfil do consumidor de cocaínaO informe Perfil psicosocial de los usuarios de cocaína, elaborado polo proxecto Home en 2008, pon de manifesto que o número de persoas que seguiron tratamentos de desintoxicación no 2000 foi de 767, mentres que no 2007 ascenderon a 3.427. O perfil típico do consumidor de cocaína é o seguinte:
O 46% consumía a diario e o 9% só durante as fins de semana. O 45% restante non tiña partón fixo de consumo. Véxase taménBibilografía
Outros artigosLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.