|
Article on other languages:
|
O coñecemento é a conciencia e o entendemento dos feitos, verdades ou información gañadas na forma da experiencia ou do aprendizaxe. O coñecemento é unha apreciación da posesión dos detalles interconectados que, no aislamento, son de menor valor. O coñecemento é un término con moitos significados segundo o contexto, pero polo xeral está relacionado con tales conceptos coma o significado, a información, a instrucción, a comunicación, a representación, o estudio e o estímulo mental. O coñecemento é distinto da información simple. Tanto o coñecemento como a información consisten en declaracións verdadeiras, pero o coñecemento é a información que ten un obxetivo ou o emprego. Os filósofos describirían isto como a información asociada coa intencionalidade. Chaman ó estudio do coñecemento: epistemoloxía. Unha definición común de coñecemento é que consiste na crenza xustificada verdadeira. Esta definición proven do Theaetetus de Platón. Que constitúe o coñecemento, a certeza e a verdade son cuestións polémicas. Estas cuestións son discutidas por filósofos, científicos sociais e historiadores. Ludwig Wittgenstein escribíu Sobre a certeza -aforismos acerca destes conceptos- explorando as relacións entre o coñecemento e a certeza. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.