|
Article on other languages:
|
Os Cnidarios (Cnidaria, ortiga) son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples, que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a una característica diagnóstica que presentan estes animais, a presenza dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito. Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, con una larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de años atrás. Dentro de este grupo se encontran animais como os pólipos, as medusas ou os corais.
CaracterísticasOs cnidarios son animais diblásticos con simetría radial primaria. As súas células se organizan en duas capas que actúan como unidades funcionais (tecidos), aínda que moitas células inda gardan certa independencia e totipotencia. Teñen so dúas follas embrionarias, ectodermo e endodermo, carecendo por tanto de mesodermo, aínda que as veces existe un tecido análogo (ectomesodermo) de orixe ectodérmica, non de orixe endodérmica como o auténtico mesodermo dos triblásticos, e do cal nunca derivan órganos internos complexos. A súa organización corporal é en forma de saco; o aparato dixestivo ten un so orificio que actúa como boca e ano ao mesmo tempo, e unha cavidade gastrovascular en forma de saco onde se realiza a dixestión e que se utiliza tamén como sistema de distribución dos nutrientes e do osíxeno, e como sistema excretor. Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas
More about Cnidaria: characteristic of phylum cnidaria, characteristic of cnidaria, cnidaria use, 2003 biology cnidaria coelenterate ctenophora development hydrobiology in in research trend, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.