|
Article on other languages:
|
O cloruro de sodio (ver outros nomes na táboa) de fórmula NaCl, é un composto iónico, formado por un catión Na+ (ión sodio) e un anión Cl- (ión cloruro). É o produto dunha reacción violenta na que un átomo de Na (metal reactivo) reacciona cun de Cl (un non metal). 2Na + Cl2 → 2NaCl nota: precísanse dous átomos de Na, porque o Cl se atopa como molécula diatómica na natureza. Na reacción, dous átomos de Na oxídanse cedendo cada un o seu único e- (electrón) de valencia ós átomos de Cl, isto represéntase como segue: Tanto os ións Na+ como os ións Cl-, cumpren coa regra do octeto.
Estrutura cristalinaO cloruro de sodio forma cristais con simetría cúbica. Os cloruros (ións máis grandes) forman un empaquetamento cúbico compacto, mentres que os ións máis pequenos de sodio enchen os espazos octaédricos entre os cloruros. Cada ión está rodeado por seis ións do outro elemento, dise que presenta índice de coordinación 8. Esta estrutura é moi común noutros minerais, e chámaselle estrutura halita. Aplicacións
UsosAlimentación humana: o sal ten un papel moi importante na alimentación humana e tamén é empregada a grande escala na conservación de alimentos. Industria química: fai posible a fabricación do vidro, xabón, plástico, papel, pinturas, cosméticos, medicamentos, pilas eléctricas, cloro, sosa, tratamento de augas, petroquímica. A salmoira (disolución de sal común en auga) emprégase en instalacións frigoríficas, para transportar o frío dende o líquido -ou gas frigoríxeno- ata as cámaras de refrixeración; isto débese á baixa temperatura de conxelación da salmoira, o que lle permite transmitir o frío sen cristalizarse. Conservación peleteira: despois de pesar as peles, efectúase a salazón para conservalas (ó inhibir o desenvolvemento bacteriano) durante o transporte e almacenamento, mentres non se procede ó seu curtido. Importancia biolóxicaO sal é esencial para a vida na Terra. A meirande parte dos tecidos biolóxicos e fluídos corporais conteñen variadas concentracións de cloruro de sodio. A cantidade de ións de sodio no sangue está directamente relacionada coa regulación dos niveis de fluídos corporais. A propagación dos impulsos nerviosos está mediada por estes ións. A chamada solución fisiolóxica, solución de cloruro de sodio ó 0,9%, recibe o seu nome porque é isotónica co plasma sanguíneo. Esta solución fisiolóxica é o sostén principal de terapias médicas de reemprazo de fluídos, para combater a deshidratación ou para previr shocks hipovolémicos (baixo volume sanguíneo). Os humanos presentan a particularidade entre os primates de eliminar grandes cantidades de sal cando súan. O sal na cultura popular galegaVerte-lo sal sobre a mesa adoita considerarse agoiro de mala sorte, vella crenza que semella ser universal. Crese incluso que anuncia unha desgracia maior, mesmo a morte. Mariño Ferro afirma que no cadro A derradeira cea, de Leonardo da Vinci, pode observarse un saleiro emborcado na mesa, anunciando a inminente morte de Xesús. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.