|
Article on other languages:
|
Os cloroplastos son orgánulos citoplasmáticos encargados de realizar a fotosíntese en organismos eucariontes. Atopámolo en plantas e en protoctistas fotosintéticos. Son relativamente grandes, 5-10 micrómetros por 0.02-0.1 mm. A súa orixe, de acordo coa Teoría endosimbionte, enténdese que foi unha cianobacteria primitiva fagocitada por unha célula, o cal explica o seu xeito de reprodución independente das mitoses da célula, que posúa ADN circular covalentemente fechado (ccfDNA) próprio, dupla membrana, e ribosomas 70S, propios de bacterias. Atópase nas follas. MorfoloxíaResulta facilmente identificábel, pola súa cor verde e o seu gran tamaño.
Cloroplastos visíbeis en Microscopía Óptica
Presenta dúas membranas de bicapa lipídica apigmentadas de orixe propia (non proveñen do Retículo endoplasmático. Unha Membrana externa rica en porina (permeábel até os 5000D) e unha membrana interna, rica en galactolípidos, contén ao estroma ou matriz onde se atopan gránulos de amidón e un sistema membranoso interno formando granas ou pías de tilacoides. Dito sistema membranoso está incomunicado do exterior, a luz dos tilacoides coñécese como lumen. MaduraciónOs cloroplastos proveñen dos proplastidios (orgánulos de dupla membrana con diámetro de entre 2 e 4 micrómetros). Se lles chega luz, formaranse os tilacoides mediante invaxinacións, e inevitabelmente converteranse en Cloroplastos. Pola contra, se son mantidos na escuridade, as invaxinacións entrecruzaranse, e formarase un etioplasto, que non é fotosintético, que de recibir luz, en media hora organizará as súas vesículas para converterse en cloroplasto.
|
||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.