|
Article on other languages:
|
A clonación (do grego κλων, que significa "retoño") é o proceso de crear unha copia xenética idéntica doutro organismo orixinal. Nun sentido biolóxico resulta cunha molécula, unha célula e incluso un organismo multicelular idéntico ao orixinal. Ás veces este término pode aplicarse aos clones "naturais", como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
Clonación molecularA clonación molecular refírese ao proceso de illar unha secuencia de ADN de interese, inserilo nun plásmido e obter múltiples copias dela nun organismo (xeralmente procariota) por acción da ADN-polimerasa. A clonación emprégase frecuentemente para amplificar fragmentos de ADN que conteñen xenes, un paso esencial na análise subsecuente. Frecuentemente, o termo clonación é erróneamente utilizado para refirirse á identificación dunha localización cromosómica dun xen asociado cun fenotipo de particular interese, coma na clonación posicional. Na práctica, a localización dun xen nun cromosoma ou rexión xenómica non necesariamente permite illar ou amplificar a secuencia xenómica de interese. A clonación de calquera secuencia de ADN inclúe os seguintes pasos:
Clonación celularClonar unha célula significa derivar unha poboación celular a partires dunha soa célula. Ese é un importante procedemento in vitro cando se desexa a expansión dunha soa célula con certas características. Unha valiosa técnica de cultivo de tecido utilizada para clonar distintas linaxes de células inclúe o uso de aros de clonación (cilindros). De acordo con esta técnica, unha suspensión unicelular de células que foron expostas a un axente mutaxénico ou a unha droga utilizada para propiciar a selección ponse en dilución alta para crear colonias illadas; cada unha provindo dunha soa célula potencialmente clonicamente distinta. Nun estado inicial de crecemento de só unhas cantas células, aros estériles de poliestireno (aros de clonación), os cales foron somerxidos en graxa, son postos sobre unha colonia individual e unha pequena cantidade de tripsina é agregada. As células clonadas recoléctanse de dentro do aro e son transferidas a un novo contedor para maior crecemento. A maioría dos individuos empezan como cigotos e por isto resultan en expansión clónica in vitro. Clonación de organismosA clonación dun organismo pretende crear un novo organismo coa mesma información xenética que outro xa existente. É un método de reprodución asexual, onde a fertilización non ocorre. En termos xerais, só hai un pai involucrado. Este xeito de reprodución é moi común en organismos coma as amebas e outros seres unicelulares, aínda que a maioría das plantas tamén se reproducen asexualmente. Tamén se inclúe a obtención de xemelgos idénticos de maneira natural ou artificial. A forma natural considérase como unha alteración durante o desenvolvemento embrionario, ignorándose a súa causa, aínda que existe unha correlación familiar estatísticamente significativa. O método artificial realízase por separación dos blastómeros, debilitando as unións celulares con tripsina e medio pobre en Ca2+, ou manualmente partindo o blastocisto pola metade (moi habitual en vacas). Clonación de organismos de maneira artificialÉ unha técnica baseada na transferencia nuclear, na que participan dúas células: a que dona o seu material xenético e a que o acepta. Esta última soe ser un ovocito ao que se lle extrouxeron os seus cromosomas que se atopan no citoplasma (xa que aínda está en meiose II). Logo, mediante electrochoques fusiónase o ovocito coa célula que contén o material xenético do individuo que se quere clonar, ademais estes mesmos electrochoques son os que estimulan a célula formada para que se desenvolva, polo que despois se lle insire esta célula no útero dunha femia para darlle un ambiente axeitado para o seu desenvolvemento. Interprétase coa hipótese de que o citoplasma do ovocito receptor contén todos os elementos (factores de transcrición e RNA) para diferenciar ao núcleo donado e reorientar o control xenético para o desenvolvemento dun nuevo organismo. En 1996 investigadores do instituto Roslin do Reino Unido conseguiron clonar unha ovella utilizando células epiteliais da glándula mamaria dunha ovella de 6 anos de idade. De 277 ovocitos, unicamente un tivo éxito, bautizándose como a ovella "Dolly". Dolly morreu aos 7 anos de idade, sen alcanzar a esperanza de vida media das ovellas domésticas da poboación á que pertencía, aparecendo nela enfermidades e trazos de avellentamento prematuro. Tense especulado moitas veces sobre os efectos sobre os organismos clonados. Suponse que ao utilizar o ADN dunha célula adulta, os telómeros non se rexeneran totalmente e o clon nace coa idade biolóxica correspondente ao organismo donante do ADN. Véxase taménLigazóns externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.