|
Article on other languages:
|
Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, coa media acima de 10º C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18º C, nos meses fríos. Posuen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera, con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada . Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posuen augas temperadas.
Clasificación dos climas temperadosNas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrán de precipitación - w indica invernos secos (a media do més máis seco menor que un décimo da precipitación media do més de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do més máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do més de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións. A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán - a indica que a media do més máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do més máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C. Clima temperado mediterráneoEste clima situase entre as latitudes de 30º e 40º.O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvas. Os Invernos son caracterizados por temperaturas amenas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno que conseguimos observar algún índice de precipitación, sendo que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano. Exemplos: Subtropical húmido (Cfa, Cwa)Tal clima usualmente acontece no interior de continentes ou nos litorais á leste de tais continentes, entre latitudes de 25°e 40. Ao contrario de climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos dado masas tropicais instables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que outros lugares con latitudes similares, dado á alta presión atmosférica da Siberia, e veráns húmidos debido á influencia das monzóns. Exemplos:
Clima temperado marítimoOs climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente, ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas, a unha latitude semellante. Exemplos:
Temperado subártico (Cfc)Tal clima acontece máis perto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes, ou a illas deses litorais, especialmente no Hemisferio Norte, . Exemplos:
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.