|
Article on other languages:
|
deserto do Sáhara
O clima comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas. A definición polo glosario IPCC é:
Os límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo metereolóxico.
Clima e tempo, dous conceptos distintosResulta frecuente a confusión entrambos conceptos pero hai que destacar que se refiren a aspectos distintos da dinámica atmosférica. A diferenza principal está na escala de tempo en que se traballa. Cando a escala de tempo dos cambios aos que un se refíre é de días, semanas, meses ou uns poucos anos fálase de tempo atmosférico. A partir dunha escala de décadas é cando realmente empeza a falarse de variacións climáticas. Pero ata este período de tempo é demasiado breve para considerar o cambio. Normalmente ata pasado un século non se pode apreciar a tendencia subxacente. Esta fronteira entre o tempo e o clima é un tanto borrosa. Unha cousa é segura, as variacións do tempo están suxeitas a patróns regulares de curto prazo, basicamente as variacións anuais ou estacionais e a patróns caóticos de diferentes frecuencias de variación que son os que fan que dun ano para outro así como dun día para outro o tempo sexa tan cambiante. O clima presenta tamén as dúas facetas. Tendencias regulares que se empezan a apreciar ás poucas décadas de realizar medicións e oscilacións de tipo caótico que subxacen no fondo. A máis grande escala pode permanecer oculto un patrón regular como os ciclos de Milankovich. E se nos imos aínda a escalas maiores a variación pode tornarse caótica de novo xa que aumenta a dependencia das características xeofísicas da terra, tectónica, desgasificación natural... Os cales son procesos caóticos á súa vez. Clima global e cambiosMáis información: Balance radioactivo terrestre | Cambio climático O clima global require o estudo doutro tipo de variables chamadas forzamentos exteriores. Para coñecer como evoluciona o clima ao longo dos eóns hai que ter en conta a influencia deses aspectos capaces de alteralo drasticamente. Segundo a importancia destes factores exteriores en cada momento o sistema climático será máis ou menos caótico. En calquera caso, a longo prazo a previsión faise imposible xa que moitos dos forzamentos exteriores, por exemplo a deriva continental, tamén se rexen por sistemas caóticos. [[Mass eject.png|thumb|left|Actividade solar]] Os forzamentos exteriores poden implicar certa periodicidade variacións orbitais e solares e á súa vez presentar tendencias globais nun só sentido por enriba das flutuacións de máis alta frecuencia. Este é o caso da variación solar, que mentres presenta flutuacións regulares en curtos períodos de tempo a longo prazo, presenta, tamén, un aumento sistemático do brillo solar. así mesmo dita variación achega acontecementos caóticos, tormentas magnéticas ou períodos anormais de actividade solar. Frecuentemente a aparencia caótica dunha variación pode encubrir unha regularidade de moi baixa frecuencia para a cal non pasou suficiente tempo para que poida ser observada. Estes forzamentos moitas veces son demasiado pequenos para causar os grandes cambios que se observan. Estes adoitan ser debidos precisamente ás retroalimentacións (feedbacks) positivas e negativas que se dan unha vez desencadeado o proceso. Breve resumo das causas da variación climática
Parámetros climáticosPara o estudo do clima local hai que analizar os elementos do tempo: a temperatura, a humidade, a presión, os ventos e as precipitacións. Hai unha serie de factores que poden influír sobre estes elementos: a latitude xeográfica, a altitude do lugar ou a continentalidade, que é a distancia ao océano ou ao mar. Latitude xeográficaA latitude determina o grao de inclinación dos raios do Sol e a diferenza da duración do día e a noite. Canto máis directamente incide a radiación solar, máis calor aporta á Terra. As variacións en latitude son causadas, de feito, pola inclinación do eixe de rotación da Terra. O ángulo de incidencia dos raios do Sol non é o mesmo en verán que en inverno sendo causa das diferenzas estacionais. Unha maior inclinación nos raios solares provoca que estes teñan que atravesar maior cantidade de atmosfera atenuándose máis ca se incidisen perpendicularmente. Por outra banda, a maior inclinación maior será o compoñente horizontal da intensidade de radiación. Mediante sinxelos cálculos trigonométricos pode verse que: I(incidente) = I(total) • cosθ AltitudeA altitude dunha rexión depende dos pisos térmicos en que se atope. A maior altitude respecto ao nivel do mar menor temperatura. Existen 4 pisos térmicos: a) Macrotérmico (0 a 1000 metros): a súa temperatura varia entre os 20º e 29º. Presenta unha pluviosidade variable. b) Mesotérmico (1000 a 3000 metros): presenta unha temperatura entre os 10º e 20º, o seu clima é de montañas. c) Micrométrico (3000 a 4700 metros): a súa temperatura varia entre os 0º e 10º. Presenta un tipo de clima de Páramo d) Xélido (4700 a 5007 metros): a súa temperatura é de -0º e correspóndelle un clima de neve de alta montaña. O cálculo aproximado que se realiza, é que ao elevarse, cada 180 metros, a temperatura baixa 1 grao centígrado. ContinentalidadeA proximidade do mar inflúe sobre as temperaturas e proporciona máis humidade. As brisas que se orixinan nas rexións costeiras atenúan a temperatura das diferentes estacións. Levando aire cálido cando é inverno e aire fresco cando é verán. Así, as zonas próximas á costa reciben a influencia do mar e teñen temperaturas máis suaves. No inverno vai menos frío e no verán menos calor ca no interior. Unha alta continentalidade, en cambio, acentúa a amplitude térmica. Provocará invernos fríos e secos e veráns calorosos e secos. A continentalidade é o resultado da alta calor específica da auga, que lle permite manterse a temperaturas máis frías no verán e máis cálidas no inverno. O que é o mesmo que dicir que a auga posúe unha grande inercia térmica. As masas de auga pois, son o máis importante axente moderador do clima. Clasificacións climáticasO clima pode clasificarse en: Clasificación climática clásicaDescribe os climas do mundo en función do seu réxime de temperaturas e de precipitacións.
En función da temperatura
En función da precipitación
Clasificación climática de KöppenBaseada en límites de temperatura e precipitación e na observación da vexetación nativa de cada rexión de estudo. Clasificación xenéticaClasifica en función das masas de aire que a orixina:
Diferentes tipos de climaNo mundo os tipos de clima clasifícanse en catro grupos. Calorosos
Temperados
Fríos
Microclimas
Véxase taménBibliografía
Outros artigos
==Ligazóns externasMore about Clima: clima en mexico, yahoo clima, clima benidorm, clima organizacional, clima monterrey, clima mexico, clima en tijuana, clima tempo, clima de tijuana, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.