|
Article on other languages:
|
A ciencia política (menos frecuentemente chamada tamén politoloxía) é a ciencia social que estudia empiricamente a política nas súas diversas dimensións. Polo tanto, o estudo da política é o observable, non está referido ó que debería ser a política como tipo ideal ou conduta desexada: ese papel cúmpreo a filosofía política. Tampouco é o estudio dos elementos formais da política como o son as leis, a súa formación e as súas intencións, tarefa da xurisprudencia. A ciencia política ten en conta o comportamento político efectivo e observable das persoas e as sociedades. O termo "ciencia política" foi alcuñado en 1880 por Herbert Baxter Adams, profesor de historia da Universidade Johns Hopkins, aínda que o seu desenvolvemento como disciplina científica é posterior á Segunda Guerra Mundial: antes de dito período asociábase ó estudio da xurisprudencia e a filosofía política. As principais áreas de análise da ciencia política son:
Os máis importantes temas ou tópicos da ciencia política son o poder, as institucións do Estado e tamén as institucións Económicas non estatais, principalmente nun Estado de Benestar ou Neoliberal. De feito un tratado de política é pura socioloxía política. As principais autoras e autores no desenvolvemento científico da ciencia política son:
A punta de lanza da politoloxía galega está representada por Ramón Máiz Suárez, en menor medida por Xosé Luís Barreiro Rivas, ou a revista Tempo Exterior editada polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). En Galiza existe unicamente a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais na Universidade de Santiago de Compostela, onde se estuda a Licenciatura de Ciencias Políticas e da Administración. Conceptos básicos:Política: Práctica ou actividade colectiva que levan a cabo os membros dunha comunidade có fin de regular conflitos entre grupos e cuxo resultado é a adopción de decisións que obrigan, pola forza se é preciso, aos membros da comunidade. As/os académicas falan de tres dimensións da política, a saber, a política como estrutura, política como proceso e política como resultado. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.