|
Article on other languages:
|
Toronto á noite.
DefiniciónA cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. ConceptoA cidade na antiga RomaPero non sempre foi así. Na antiga Roma era cidade (civitas) a zona habitada por cidadáns (civites), os cales eran aqueles que posuían dereitos cidadáns, independientemente da súa actividade, fóra a industria, a agricultura ou os servizos. A cidade medieval e renacentista na Península IbéricaNa España medieval e do Renacemento, unha cidade era a poboación que non tiña Señor e era rexida directamente polo rei. Tiña o privilexio de enviar procuradores ás cortes para negociar as taxas que lle puidesen ser impostas, a cambio de Foros. Esta cualificación de cidade era independente do tamaño, así, Madrid, capital de España desde 1561, non era cidade senón vila.
Luces de cidades, vista de satélite.
O concepto de cidade na Conferencia Europea de Estatística de PragaA Conferencia Europea de Estatística de Praga considera como cidade unha aglomeración de máis de 2.000 habitantes sempre que a poboación dedicada á agricultura non exceda do 25% sobre o total. A partir de 10.000 habitantes, todas as aglomeracións considéranse cidades, sempre que estes se atopen concentrados, xeralmente en edificacións colectivas e en altura, e sempre que se dediquen fundamentalmente a actividades dos sectores secundario e terciario (industria, comercio e servizos). O concepto político de cidade aplícase a conglomerados urbanos con entidade de capitalidade e maior importancia na rexión e que asume os poderes do Estado ou Nación. Será a cidade capitalina, pero por extensión aplícase a denominación a calquera entidade administrativa con algunha autonomía. É pois unha definición administrativa do estado político, rexión xeográfica ou comunidade autónoma, que teñen unha cidade central e vilas ou cidades menores. A xeografía urbana e a socioloxía urbana estudan ambos aspectos desde o punto de vista da xeografía humana e a ecoloxía humana. Non se debe confundir cidade con municipalidade, a maior municipalidade do mundo, Chongqing, posúe aproximadamente o mesmo tamaño có estado americano de Indiana, e contén moita máis área rural do que área urbana. Por outro lado, o contrario tamén acontece. A cidade de Londres posúe apenas 8 mil habitantes. No entanto, a súa rexión metropolitana, isto é, a área urbanizada, posúe máis de 7,5 millóns de habitantes. Véxase taménListas
More about Cidade: camburiu cidade de mapa, cidade de deus, cidade fm, cidade dos homens, cidade radio, amadora cidade senha, beach cidade de goa resort, cidade maravilhosa, cidade porto, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.