|
Article on other languages:
|
A República Checa (en checo: Česká republika) ou Chequia (en checo: Česko ou Czechia) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Está formado polas rexións históricas de Bohemia, Moravia, partes de Silesia e partes da Baixa Austria. O 1 de maio de 2004 pasou a formar parte da Unión Europea.
HistoriaPrimeiramente Principado, logo Reino Checo, 1621-1918 parte do Impero Austriaco. En 1918 despois da primeira guerra mundial formou, xunto con Eslovaquia, a Checoslovaquia (1918-1992) 1939-1945 ocupado por Alemaña, 1948-1989 rexime comunista. O 1 de xaneiro do 1993 separáronse a Chequia e Eslovaquia. Dende 2004 é membro da UE. PolíticaA forma do Estado é a República parlamentaria cunha Constitución ratificada en 1992 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1993 que recoñece o sistema multipartidista e as libertades fundamentais.. O xefe de Estado é o Presidente, que é elixido en sesión conxunta polas dúas cámaras cada cinco anos. Actualmente é Václav Klaus. Non pode gobernar máis de dúas lexislaturas seguidas. O xefe do goberno é o Primeiro Ministro que sae da lista máis votada nas eleccións xerais ó Parlamento (ou dunha coalición de partidos, como o modelo galego). Esta votación realízase cada catro anos. Actualmente é Jiří Paroubek. Sistema bicameral:
En 1999 ingresou na OTAN e en 2004 converteuse en membro de pleno dereito da UE. Chequia foi o primeiro país ex-comunista en recoñecer un estatus legal ás parellas do mesmo sexo (2006). SubdivisiónsAdministrativamente, Chequia divídese en trece rexións (kraje) maila capital (Hlavní město): Rexións:
Capital:
Antigamente dividíase en Bohemia (Cechy), Moravia (Morava) e Silesia (Slezsko).
XeografíaÓ oeste, Bohemia atópase nunha depresión, irrigada polos ríos Elba e Vltava, rodeados polos Sudetes e polos Karkonosze. Nesta última cordilleira atópase o punto máis alto, o monte Sněžka con 1.602 m. Moravia, no leste, é unha rexión máis escarpada, o río principal é o Morava, pero tamén está o nacemento do río Oder. O clima é temperado, con veráns cálidos e invernos húmidos e fríos. EconomíaVéxase: Economía da República Checa DemografíaO 95% da poboación é étnica e lingüisticamente checa. Minorías a destacar son alemáns, xitanos e polacos. Os eslovacos non chegan ó 2%. Dende a disolución de Checoslovaquia os cidadáns da antiga república podían cruza-la fronteira en ámbolos dous sentidos. No distrito de Český Těšín os polacos constitúen entre o 10 e o 45% da poboación, o idioma polaco é cooficial en varios concellos do distrito e é aprendido en escolas públicas. Os alemáns constituían ata o fin da Segunda Guerra Mundial case a terceira parte da poboación, segundo o censo de 2001 só en 13 concellos os alemáns superan o 10% da poboación. A relixión maioritaria e a católica (27%) a maioría da poboación considérase non relixiosa (59%). En xullo de 2005 a poboación era de 10,241,138 cunha esperanza media de vida de 76 anos. Cultura
ReferenciasLigazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.