|
Article on other languages:
|
Os cetáceos son unha orde de mamíferos adaptados á vida acuática que comprende 79 especies [1] distribuídas por todo o mundo: baleas, cachalotes, candorcas, golfiños, arroaces, toniñas, etc. Case tódalas especies son animais mariños, aínda que existen especies de golfiños que viven nas augas doces. O nome destes animais procede do latín cetus (grande animal mariño) e do grego ketus (monstro mariño). Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe, algúns países coma Xapón, Noruega ou Islandia seguen cazando baleas para come-la súa carne, escudándose no argumento da caza científica. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveita-la carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan en Xapón, os Inuit do Canadá ou nas Illas Feroe en Dinamarca. O termo balea debe reservarse ós misticetos, concretamente ós integrantes da familia Balaenidae. Non obstante, está imposto o seu uso para outras especies non pertencentes á familia dos balaénidos e incluso tamén para cetáceos con dentes, como é o caso da denominación de balea asasina para a candorca (que nin é balea nin é asasina), de balea de esperma para o cachalote ou de balea piloto para o caldeirón.
Características
Oito especies de cetáceos debuxados a tamaño proporcional: 1. Balea vasca; 2. Candorca; 3. Balea de Grenlandia; 4. Cachalote; 5. Narval; 6. Balea azul; 7. Rorcual común; 8. Beluga.
Externamente posúen un corpo pisciforme, adaptado á vida acuática, con amplas variacións no tocante ó tamaño (desde as toniñas de ó redor de un metro de lonxitude ata a balea azul, de ata 30 metros e 180 toneladas, o animal máis grande coñecido), a forma da cabeza e o tamaño das aletas. Os cetáceos, coma tódolos demais mamíferos, son animais de sangue quente (endotérmicos), respiración pulmonar e reprodución vivípara (paren e aleitan as súas crías). A presenza de pelo sobre a pel é vestixial e só se observa, moi ralo, nos fetos. As extremidades anteriores transformáronse en aletas pectorais (sen función locomotriz) e as posteriores atrofiáronse case totalmente, quedando unicamente un pequeño óso pélvico no abdome. O rabo transformouse nunha aleta caudal que, a diferenza dos peixes, é horizontal. Esta aleta caudal é o mecanismo que utilizan para propulsarse e desprazarse. Presentan tamén unha aleta dorsal, sen base ósea, que pode ser moi destacada (como na candorca) ou inexistente (como na balea vasca ou na beluga). O problema da respiración pulmonar nun medio acuático resolvérono mediante a transformación do cranio, alongado en horizontal, e a migración dos orificios nasais (narinas ou aventadores) á cara superior da cabeza. Os misticetos (baleas e rorcuais) posúen dous orificios nasais mentres que os odontocetos (golfiños, cachalote, etc.) só presentan un. Outras transformacións fisiolóxicas permítenlles espazar extraordinariamente os movementos respiratorios e permanecer períodos prolongados de tempo baixo a auga (o cachalote, por exemplo, pode permanecer baixo a auga ata dúas horas sen necesitar saír á superficie para respirar). Carecen de aparato auditivo externo e só teñen uns pequenos orificios detrás dos ollos e, ademais, en moitas especies estes condutos están obstruídos. Aínda así posúen un sentido do oído moi desenvolvido e son quen de determina-la orixe dos sons baixo o mar grazas ó seu sistema de ecolocalización. Tamén poden comunicarse entre si mediante un amplo repertorio de sons, que varían, segundo a especie e a familia, entre breves chasquidos a cancións prolongadas. EvoluciónA orixe dos cetáceos hai que buscala en mamíferos terrestres normais de hábitos anfibios, probablemente durante o Eoceno, hai entre 55 e 34 millóns de anos. Concretamente, evoluíron a partir de mamíferos da orde dos artiodáctilos (mamíferos provistos de dedos articulados), hoxe representados polas vacas, cabalos, porcos, hipopótamos, etc. Os fósiles máis antigos de animais con características propias dos cetáceos pertencen ós Archaeocetos (Archaeoceti). Descobríronse exemplares de diferentes tipos, entre os 2 e os 21 m de lonxitude, con corpo fusiforme, aletas anteriores con forma de remo, presenza de aleta dorsal e un pedúnculo caudal longo. Habitaban zonas pantanosas costeiras e mares pouco profundos. Extinguíronse hai uns 30 millóns de anos. Clasificación taxonómicaOs cetáceos divídense en tres subordes:
AlimentaciónA dieta dos cetáceos é moi variada, o que determina importantes transformacións na dentición. Atendendo ás características desta clasifícanse en dúas subordes:
ReproduciónOs cetáceos son vivíparos: paren as súas crías vivas. Paren unha soa cría de cada vez aínda que se coñecen casos excepcionais de partos e xestacións dobres. As crías acabadas de nacer deben saír axiña á superficie, a respirar, acto no que son axudados pola nai ou por outras femias do mesmo grupo familiar. Os cetáceos na cultura popularRefraneiro
Referencias
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.