|
Article on other languages: |
As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas. Rol biolóxico das Ceras
Usos da ceraUtilizouse tradicionalmente para facer velas, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como depilatorio, xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso. Na antigüidade empregábase para cerrar os ocos das fiestras en inverno. A cera tamén é unha sustancia graxa segregada por glándulas polas abellas obreiras xoves. Con ela fan os panais e cerran as súas celas cando están cheas de mel. Amais, é unha substancia amarelenta segregada por unha glándula que temos os seres humanos nos oídos. More about Cera: michael cera, best cera gianni morandi ragazzo un, cadence cera decoma dynamit faurecia flex gate innovation magna mecaplast meridian n nobel omnium peguform plastal plastic rehau rieter seeber stankiewicz valeo weidmann ymos, museo de cera, cera week, la cera, bella cera, cera una volta, cera una volta il west, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.