|
Article on other languages:
|
A Central Intelligence Agency (en galego Axencia Central de Intelixencia, sigla: CIA) é unha axencia gobernamental dos Estados Unidos da América. O seu fin é realizar investigacións e operacións sobre gobernos estranxeiros, empresas ou individuos que podan afectar aos Estados Unidos.
HistoriaA CIA creouna en 1947 o presidente Harry S. Truman (1884 - 1972), ao comezo da Guerra Fría. Para coordenar as actividades da Axencia, existe unha Dirección Central de Intelixencia, cuxa función é interligar a comunidade de información ao Presidente dos Estados Unidos, o que posibilita intervir, cando for necesario, en organizacións ou Estados estranxeiros. A súa sede central está en Langley, Virxinia. Entre os seus logros destacan a defección de numerosos militares soviéticos durante a Guerra Fría, o rescate dun submarino atómico do fondo do Océano Pacífico en 1974 - cos seus segredos, o derrocamento de Mossadeq de Irán (1953), Jacobo Arbenz de Guatemala (1954), Sukarno de Indonesia (1965) ou de Salvador Allende de Chile (1973). ControlA CIA é unha axencia independente, mais está baixo a autoridade do Consello de Seguridade Nacional, se ben o seu director e os xefes máis importantes teñen relación directa coa Casa Branca. No Congreso dos Estados Unidos existe un comité formado por políticos para fiscalizar a CIA e evitar que se cometan excesos ou omisións, sendo polo tanto, necesaria a súa fiscalización polos congresistas que teñen poderes para cobrar responsabilidades civís e criminais. A misión de CIA é apoiar o Presidente, o Consello de Seguridade Nacional, e todos os funcionarios que fan e executan a política de seguridade nacional norteamericana. Atribucións da CIAExecutar o monitoramento da intelixencia estranxeira de forma precisa, integral, e oportuna para asegurar a seguridade nacional. Executar actividades de contrainformación, administrando actividades especiais, e outras funcións relacionadas coa intelixencia estranxeira e seguridade nacional, cando sexa ordenado polo Presidente. Para realizar a súa misión, a CIA ocúpase da investigación e desenvolvemento de tecnoloxía de alto nivel. Como axencia independente, a CIA serve como fonte de análise de dados, traballando con outras organizacións na Comunidade de Intelixencia e Seguridade Nacional para asegurar que os datos recollidos cheguen coa maior precisión posíbel a Washington, cando sexa necesario. OrganizaciónDepartamentos da CIA:
Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.