Celsius

Article on other languages:

Fórmulas de conversión de temperatura Celsius
Conversión de para Fórmula
Celsius Fahrenheit °F = °C × 1,8 + 32
Fahrenheit Celsius °C = (°F − 32) / 1,8
Celsius kelvin K = °C + 273,15
kelvin Celsius °C = K − 273,15
Conversións adicionais
Calculadora de conversión de temperaturas

O Celsius (°C) é unha unidade de temperatura, así denominada en homenaxe ao astrónomo sueco Anders Celsius (17011744), que foi o primeiro a propola en 1742. A escala de temperatura Celsius foi concibida de tal forma que o ponto de conxelamento da auga corresponde a 0 grau, e o ponto de evaporación a 100 graus a unha presión atmosférica patrón.

Como existen cen graduacións entre eses dous pontos de referencia, o termo orixinal para este sistema foi centígrado (100 partes) ou centésimos. En 1948, o nome do sistema foi oficialmente modificado para Celsius durante a 9° Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CR 64), tanto en recoñecemento a Celsius como para eliminar a confusión causada polo conflito de uso do prefixos centi do SI. Mentres que os valores de conxelación e evaporación da auga son aproximadamente correctos, a definición orixinal non é apropriada como un patrón formal: ela depende da definición de presión atmosférica patrón, que á súa vez depende da propia definición de temperatura. A definición oficial actual de Celsius define 0.01 °C como o punto triplo da auga, e 1 grau como sendo 1/273.16 da diferenza de temperatura entre o ponto triplo da auga e o cero absoluto. Esta definición garante que 1 grao Celsius representa a mesma diferenza de temperatura que 1 Kelvin.

Anders Celsius propón inicialmente que o ponto de conxelación fose 100 graus, e o ponto de evaporación 0 grau. Iso foi invertido en 1747, baixo instigación de Linnaeus, ou talvez de Daniel Ekströn, o construtor da maior parte dos termómetros usados por Celsius.

Unha temperatura de −40 graus é a mesma en Celsius e Fahrenheit. Así sendo, outro método de conversión Celsius para Fahrenheit é sumar 40, multiplicar por 1,8 e restar 40. De maneira similar, para converter Fahrenheit para Celsius adicione 40, divida por 1,8 e subtraia 40.

A escala Celsius usase en case todo o mundo a cotío, a pesar de que se chamou de centígrada ata o final dos anos 1980 e comezo dos 1990. Nos EUA e na Xamaica, Fahrenheit é a escala preferida para medidas de temperatura no día a día. Debe ser notado, non obstante, que mesmo estes países usan Celsius ou Kelvin en aplicacións científicas.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.