|
Article on other languages:
|
Cataluña (Catalunya en catalán), nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación: El Parlamento de Cataluña, recogiendo el sentimiento y la voluntad de la ciudadanía de Cataluña, ha definido de forma ampliamente mayoritaria a Cataluña como nación. La Constitución Española, en su artículo segundo, reconoce la realidad nacional de Cataluña como nacionalidad. [1] Situada na costa noroeste da Península Ibérica e dividida administrativamente en dúas partes: a Comunidade Autónoma de Cataluña na España e a Cataluña do Norte na Francia. Ao falar de Cataluña na actualidade, faise referencia ao territoio da administración da Generalitat de Catalunya, que é o único que ten este nome como oficial. Os termos Cataluña, Principado de Cataluña ou Cataluña do Sur úsanse habitualmente para facer referencia á Comunidade Autónoma de Cataluña, mentras que Cataluña do Norte refírese aos territorios cataláns baixo administración francesa. O termo Países Cataláns úsase para referirse a tódo-los territorios de fala catalana, incluíndo o País Valenciano, as Illas Baleares, a Franxa de Ponente, Andorra, a aldea do Alguer (Sardeña) e a rexión murciana do Carxe.
HistoriaArtigo principal: Historia de Cataluña Política e AdministraciónO territorio histórico de Cataluña divídese na Cataluña do Norte, ou Cataluña Norte, (administrada por Francia logo do Tratado dos Pireneos no 1659) e a Cataluña Sur (administrada polo Reino de España logo do Decreto da Nova Planta no 1716).
Organización territorial
Cataluña organízase territorialmente en comarcas, municipios e provincias. Históricamente, tamén se organizou en rexións e veguerías, denominación esta última recuperada co novo Estatuto de autonomía. ProvinciasAs provincias constitúen a división administrativa máis antigu aínda vixente en Cataluña. Parten da agrupación de municipios e toman o nome das súas capitais. O Poder Xudicial parte da división provincial para establecer os partidos xudiciais agrupando os municipios que quedan adxudicados baixo unha mesma sede xudicial. A Comunidade Autónoma de Cataluña surxiu mediante a unión formal de catro provincias: ComarcasArtigo principal: Comarcas de Cataluña A Generalitat de Cataluña estableceu unha división administrativa en corenta e unha comarcas, os órganos rectores das cales son os Consellos Comarcais. A división comarcal de Cataluña ten a súa orixe nun decreto da Generalitat republicana de 1936, que tivo vixencia ata o final da Guerra Civil. A división comarcal foi novamente adoptada por lei do Parlamento en 1987. Esta división baseouse en criterios xeográficos e de mercado local, que coincide en boa medida con anteriores entidades de territorio de grande tradición. O Val de Arán (en aranés, Val d'Aran) merece atención especial xa que, aínda que está incluido dentro da organización comarcal, goza de maior autonomía, de acordo coa Ley 16/1990, sobre o réxime especial do va de Arán, aprobada polo Parlamento de Cataluña. MunicipiosArtigo principal: Municipios de Cataluña O municipio é a base territorial de Cataluña onde se contan por 946, dos cales a data de 2005 (INE), 502 tiñan menos de 1000 habitantes. 108 superan a poboación como para ser consideradas cidade, e 59 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalana). Véxase tamén
Referencias
Ligazóns externas |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.