|
Article on other languages:
|
'Cazaquistán ou máis latinamente Cazaquia (ambos nomes son correctos) é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa. Limita ao norte e oeste coa Rusia, ao este coa China, a sur co Quirguicistán, o Uzbequistán e Turkmenistán e a oeste co Mar Caspio.
HistoriaOs cosacos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso diante da ameaza de invasión mongola. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente o Casaquistán. Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras casacas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército czarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas. XeografíaCasaquistán é o maior país da Asia Central e inclúe tamén unha porción de territorio pertencente á Europa, delimitado polo río Ural a oriente, pola fronteira rusa a occidente e ao norte e polo mar Caspio ao sur. O terreo é practicamente chan, excepto ao longo das fronteiras leste e sueste (coa Rusia, a China e mais o Quirguicistán) e na cordilleira Karatau, ao sur, incluíndo vastas áreas situadas por baixo do nivel do mar. O punto mais baixo é a depresión de Kaundy, que chega aos 132 m por baixo do nivel do mar. As montañas orientais poden atinxir altitudes bastante elevadas, como os 6.995 m do pico Khan-Tengri, o punto mais elevado do país. A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos. Organización político-administrativa
Casaquistán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). A súa vez, as provincias divídense en distritos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.