|
Article on other languages:
|
O carballo (Quercus sp.) é xénero de árbores caducifolias moi robustas. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico como por zonas de clima mediterráneo e en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. Común en toda Galicia, o carballo está en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por piñeiros ou eucaliptos; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos. É unha árbora robusta, que pode alcanzar 30 metros con ramas que comezan xa desde a parte inferior. A madeira do carballo foi moi utilizada para construír embarcacións e hoxe é tamén moi apreciada para moblaría. En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas as máis importantes son: o carballo (Quercus robur L.), a especie máis estendida; o carballo rebolo, cerquiño ou cerqueiro (Quercus pyrenaica Willd.) e o carballo albar, máis escaso en xeral, aínda que abundante nas zonas altas do interior de Ourense e Lugo (Quercus petraea (Mattuschka) Liebl.). Ademais destas especies cabe mencionar tamén o carballo americano (Quercus rubra L.) e a sobreira e a aciñeira, que tamén pertencen o xénero Quercus (Q. suber L. e Q. ilex L. respectivamente). O carballo na cultura popular galega
Ver tamén |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.