|
Article on other languages:
|
a Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Entre os varios factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros da pel), algúns virus (cancro do pene, colo do útero, algúns linfomas). Sen embargo as causas preveníbeis máis importantes do cancro son o tabaco (cancros do pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro do estómago e do páncreas). A alimentación con exceso de graxa tamén parece ser un factor de risco importante. O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, o sangramento urinario, intestinal, ou na tose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente. Hoxe en día, un 40% dos casos de cancro resultan en cura ou supervivencia prolongada, con todo case todos os casos de bon prognóstico continúan a ser os de detección precoz. O cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións. O 4 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial Contra o Cancro. Neoplasia e CancroOs tumores neoplásicos son calquera masa de células que xurde por división inapropriada dunha célula nai orixinal (multiplicación clonal), na cal a expresión dos xenes que regulaban esa división están alterados. Cancro é entendido como a grave situación patolóxica clínica que se xera por unha neoplasia, a cal se clasifica como maligna debido á situación clínica que orixina, potencialmente fatal. Tumores malignos e benignosO tumor maligno ou cancro distínguese do tumor benigno principalmente porque o primeiro pon a vida do doente en risco mais o segundo xeralmente non. A gran maioría dos tumores malignos é invasivo, e a súa infiltración progresiva en estruturas adxacentes, ou distantes a través de metástases é o que cría disfuncións nos órganos invadidos e mais reaccións inmunitarias ás lesións, que levan á insuficiencia ou mala función de órganos vitais e á morte. Así e todo, non todos os cancros son invasivos. Algúns tumores son considerados malignos a pesar de seren en todo semellantes aos benignos porque producen graves danos na produción de hormonas (e.g. feocromocitoma), mentres outros comprimen órganos debido ás limitacións ao seu crecemento como tumores do cerebro que non se poden expandir debido ao cranio e acaban comprimindo o cerebro, o que resulta na morte. As neoplasias benignas en xeral non se transforman en malignas (aínda que existen numerosas excepcións) e poden polo tanto manterse no corpo do paciente, mais xeralmente recoméndase a retirada por motivos estéticos. Sen embargo, en casos raros as neoplasias de comportamento benigno poden levar á morte, se o seu crecemento, por azar, comprimise mecanicamente unha arteria, vea ou nervo importante, por exemplo. MetástaseAs células cancerosas poden tamén soltarse do tecido neoplásico orixinal e, a través da corrente sanguínea, linfática ou a través doutros líquidos (peritoneal, pleural) instalarse noutros órganos distantes da localización inicial, as metástases. A metastasización constitúe a fase do cáncer cuxo tratamento é máis difícil e cando é obtido menos éxito na recuperación dos pacientes. O paciente con cáncer debe, sempre que se poida, ser operado o máis axiña posíbel para a extracción do tecido ou do órgano afectado, seguido dun tratamento de quimioterapia ou radioterapia. Cancro como Doenza XenéticaO cancro é fundamentalmente unha doenza xenética. En células normais, o crecemento celular está controlado por diversos factores, ou hormonas, liberadas por células adxacentes ou distantes. Deste xeito, un tecido consegue medrar ou atrofiar en resposta a demandas aumentadas ou diminuídas da súa función. Hai varios factores que promoven o crecemento e multiplicación celulares, sistémicos como a hormona do crecemento, hormonas da tiroide (t3/t4), insulina, e mais factores locais como as citocinas. A progresión do cancro non é máis que a desactivación de determinados xenes e a hiperexpresión doutros, dando orixe a células largamente independentes da regulación local e central do organismo, que se dividen sen inhibición. Outras mutacións noutros xenes poden dar entón novas capacidades invasivas ás células neoplásicas, xa que todas as células do organismo posúen o xenoma completo e polo tanto a capacidade de producir calquera proteína, desde que os xenes correspondentes se activan (neste caso por mutación). Así, unha célula da cartilaxe (condrocito) neoplásica pode sufrir unha mutación, que lle permite formar proteínas que provocan a formación de novos vasos sanguíneos, a pesar de que tal xene nunca se expresa na célula normal. Varios dos síndromes de cancro familiares son causados por estar xa mutado nesas familias algún xene importante na progresión ou iniciación tumoral. Máis frecuentemente están mutados os xenes de supresión tumoral (ver adiante) en que son necesarios dúas mutacións en ambas as copias (unha do pai, outra da nai) para que haxa desactivación. Se o individuo herda do pai unha copia defectuosa, é moito máis doado que ocorra a mutación soamente na copia materna que nos dous alelos. Un dos feitos máis intrigantes en oncoloxía é a restrición de determinadas mutacións a determinados tipos de cancro: case todos os cancros teñen apenas unha, dúas ou tres vías de progresión con mutacións de determinados xenes, en tanto que noutros órganos a progresión dáse por mutacións en xenes diferentes. Talvez se dá este feito porque en determinados tecidos funcionan principalmente determinados oncoxenes e xenes supresores tumorais, e non outros, mais a causa exacta permanece obscura. ADN e mutaciónsA actividade de cada célula ou tecido está dirixida polo seu ADN. Ao longo da embrioxénese, á medida que se orixinan do cigoto células cada vez máis diferenciadas, algúns xenes tórnanse activos en canto que se silencian outros, conforme coa función final da célula. Mais cada célula mantén sempre unha copia do xenoma completo no seu núcleo. As cadeas de ADN son fráxiles e son modificadas facilmente por químicas ou radiación. Existen, con todo, proteínas reparadoras de erros do ADN que reducen a un mínimo a taxa de erros ou mutacións. A maior cantidade de erros ocorre durante a división celular, pola necesidade de duplicar cada cromosoma, de modo que cada célula filla teña unha copia. Continúan, con todo a ser feitos algúns erros, unha simple base movida xa constitúe unha mutación. Ao longo da vida, millóns de células do noso corpo sofren pequenas mutacións, esas células normalmente autodestrúense ordenados pola actividade de proteínas xeradas a partir de xenes antitumorais do ADN, como por exemplo o p53. Ningunha célula se torna neoplásica cunha soa mutación. Normalmente son necesarias varias para que haxa desregulación do ciclo celular e proliferación excesiva, e aínda outras máis para que haxa invasión dos órganos adxacentes ou distantes. A mutación non letal do ADN constitúe a orixe do cancro. Calquera célula morre se é suxeita a lesións extensas no seu ADN, ao lesionarse os xenes fundamentais para a súa sobrevivencia. As células son máis vulnerables ás mutacións durante a división celular con duplicación do ADN . Esta é a base da radioterapia: se as células tumorais se dividen moito máis axiña, serán máis vulnerábeis á radiación letal. Con todo, a radiación ou outros agresións en pequenas cantidades probabelmente damnificarán menos aos xenes fundamentais e con igual probabilidade afectarán a xenes involucrados na regulación da proliferación celular. O ADN é un polímero con catro tipos diferentes de bases: adenina, timina, guanina e citosina. A serie de bases é traducida en secuencias proteicas de acordo cos tipos de bases (cada aminoácido corresponde a unha serie de tres bases). Diferentes secuencias de aminoácidos con diferentes propiedades químicas leva a diferentes comportamentos das proteínas. A substitución ou eliminación dunha única base pode levar a proteínas diferentes, máis cantidade producida dunha proteína ou silenciamento do xene. Outros tipos de mutacións son as quebras cromosómicas, que son reparadas por veces con troca dos fragmentos quebrados en cromosomas diferentes do habitual, con efectos a nivel da expresión xénica. Existen varias proteínas que corrixen os erros no ADN. Se os xenes destas proteínas sufriren mutacións, poden ser inutilizadas, ocorrendo unha maior taxa de mutacións subsecuente -fenómeno denominado inestabilidade xenética. Causas das mutaciónsA mutación do ADN pode ser debida a varios factores:
Dun xeito ou doutro, o tumor comeza basicamente cando hai un dano no ADN, causado por calquera dos factores anteriores, e que non se repara polos sistemas de reparación de ADN existentes en todas as células, xerando unha mutación. Dependendo do lugar en que ocorre a mutación na molécula de ADN , este defecto pode causar un desequilibrio no ciclo celular, desencadeando unha reprodución acelerada e descontrolada de células. Xenes tipicamente mutados no cancroCalquera tumor é constituído pola proxenie dunha única célula que acumulou mutacións en xenes suficientes para evadir os mecanismos antitumorais e para gañar autonomía na replicación. Existen basicamente catro clases de xenes importantes na patoxenia do cancro:
EpidemioloxíaFactores de risco inclúen xeografía (máis cancro da pel en países tropicais que en nórdicos), etnia, hábitos alimenticios, idade avanzada e xenes hereditarios que causan predisposición para o cancro. En países desenvolvidos o cancro compete coas doenzas cardiovasculares (principalmente infartos coronarios e AVCs) encanto causa de morte principal. Unha en cada catro ou cinco persoas morrerá de cancro nestes países. (2000-2005) nos países do Europa e América do Norte.
En Portugal os dados son semellantes á excepción do cancro do estómago que é moito máis común debido a maior prevalencia de Helicobacter pylori e alcoholismo. Os cancros do Pulmón e da Vexiga son na súa maioría causados polo Tabaco. Unha de cada oito mulleres terá cancro da Mama, porén a maioría dos casos é diagnosticada nunha etapa curable. ProgresiónHai varias etapas na progresión dun cancro invasivo a partir dunha célula normal, cada etapa correspondendo a novas mutacións nun subgrupo das células que partillan a mutación anterior:
Clínica (sinais e síntomas)Inicialmente o cancro produce síntomas xeralmente inespecificos ou ata pode ser asintomático. Síntomas como masa localizada, sangramento urinario, intestinal ou na tose son suxestivas. O cansazo e maila falta de apetito son universais. Poderá haber ocasionalmente crecemento de masa interna con obstrución da canle natural, como por exemplo os tumores no pescozo, que poden causar falta de ar ou dificuldade de deglutición. Os síntomas característicos na fase avanzada son os da caquexia. Esta caracterizase pola perda rápida de peso, anemia, cansazo crónico, falta de apetito e perda da masa muscular. No 10% dos doentes con cancro, poderá tamén haber un síndrome paraneoplásico con produción de hormonas, habendo síntomas relativos ao exceso desas hormonas (e.g. síndrome de Cushing ou hipercalcemia). É común que os tumores de células de glándulas produzan hormonas, mais tamén as poden producir moitos tipos de cancros de células neoplásicas, como o carcinoma de células pequenas do pulmón. Así e todo, en xeral os cancros só poden ser diagnósticos de tumores benignos de forma definitiva despois dunha análise microscópica de tecido recollido por biopsia, pola anatomía patolóxica. Anatomía PatolóxicaO aspecto microscópico das neoplasias malignas é variado. A maioría diferenciase pouco, ao contrario da maioría dos tumores benignos, ou sexa, as células neoplásicas máis malignas teñen máis aspecto de células embrionarias (sen diferenciación típica ou de diferenciación caótica) que do tecido ordenado de onde proveñen (anaplasia). Sen embargo, algúns tipos de cancro poden presentar un aspecto ben diferenciado, por veces ata funcional. Ultimamente a distinción entre neoplasia benigna e maligna só pode ser feita a través da detección de indicios de invasión doutros tecidos. Así, un tumor que infiltre a súa cápsula (por veces colorida con tinta da china para máis fácil identificación) será maligno, así como un tumor non encapsulado que se mestura libremente co tecido normal. Invasión dos microvasos sanguíneos e/ou linfáticos por células neoplásicas é considerado proba de invasión e carácter maligno do tumor. Algunhas características xerais que distinguen células neoplásicas probabelmente malignas de células normais ou benignas: pleomorfismo celular (varias formas de células no mesmo tecido); grandes núcleos relativamente ao citoplasma; núcleos con formas diversas; células xigantes con varios núcleos; nucléolos prominentes; mitoses en elevado numero; áreas de necrose e/ou apoptose extensas. Un tumor epitelial, aínda que non sexa invasivo, é considerado maligno se presenta varias destas características, e ten unha elevada probabilidade de invasión subsecuente se non for retirado -é un carcinoma in situ. As indicacións da anatomía patolóxica baséanse, máis que en diagnósticos exactos definitivos, en probabilidades de prognóstico de acordo coas características. Estas probabilidades foron determinadas en estudos exhaustivos. Isto é máis unha ciencia empírica que coñecemento de causas profundas que correlacionen as características ao prognóstico. Tratamento do cancroA dificuldade do tratamento do cancro consiste en distinguir entre as células malignas e as células normais do corpo. Ambas proveñen da mesma orixe e son moi semellantes, de aí que sistema inmunitario non recoñece a ameaza. O tratamento da maioría dos cancros consiste na combinación de varias destas técnicas e non só nunha. Por exemplo, un tumor pode ser na súa maioría extirpado cirurxicamente mais só despois da redución do tamaño con quimioterapia, que pode ser utilizada novamente despois da cirurxía. CirurxíaA resección cirúrxica é posíbel se a masa estiver ben delimitada e fose minimamente invasiva, , mais xa é imposíbel se o tumor estiver espallado por todo o corpo, ou en órganos vitais que non poden ser cortados. Moitas veces é difícil para o cirurxano determinar onde acaba a neoplasia e comeza o tecido normal, correndo o risco de ou ben cortar demasiado tecido normal e reducir a probabilidade do doente de sobrevivir á operación, ou ben non retirar a masa cancerosa na totalidade, diminuíndo a probabilidade de sobrevivencia ao cancro. A cirurxía é logo apenas usada no tratamento dos tumores que aínda están delimitados, por resección ou retirando o órgano completo (prostectomia no cancro da próstata, mastectomía no da mama). Con todo se o tumor invadir estruturas adxacentes que non poden ser resectadas (e.g. unha [[arteria importante) o tumor é irresectabel. QuimioterapiaBaséase no feito das células tumorais se dividen moito máis axiña que as normais. Inxéctanse velenos no doente que interfiren coa síntese do ADN e matan as células en división. Con todo, hai efectos secundarios importantes naquelas células normais de crecemento rápido, como a mucosa gastrointestinal (diarrea, náuseas, vómitos), folículos pilosos (caída do cabelo) e outros. RadioterapiaTamén ataca ás células de crecemento rápido. As células tumorais, como teñen déficit de proteínas reparadoras do ADN , son máis vulnerábeis a doses de radiación de alta enerxía (raios X e gama). As súas doses letais son máis baixas que as das células normais. porén alén de efectos secundarios semellantes aos da quimioterapia, hai risco de desenvolvemento de novos tumores, a pesar de que sexa relativamente pequeno. Novas técnicasUltimamente desenvolvéronse algúns fármacos específicos que diminúen a actividade dalgunhas proteínas (traducidas de oncoxenes) cuxa alta actividade é importante na proliferación dalgúns tipos de cancro. A leucemia mieloide crónica é incluso curábel a través da administración dese novo tipo de fármacos. No futuro estes fármacos deberán ser máis relevantes. A utilización de toxinas acoladas a anticorpos específicos de proteínas membranares comúns na superficie das células do tumor mais non de células normais tamén ten tido certo éxito. Terapias alternativasMoitos pacientes con prognóstico sombrío escollen terapias alternativas ou non-occidentais. Sen embargo, non hai proba algunha de que esas terapias melloren o prognóstico; a pesar de tamén non seren xeralmente nocivas, poden ser efectuadas por quen considerar paralelamente ao tratamento convencional. Se for escolla do paciente informado, e a pesar de probabelmente non teren ningún efecto directo, as terapias alternativas poderán ter un efecto placebo, ou sexa, o doente considera que vai mellorar e está comprobado que pacientes máis optimistas e loitadores teñen mellor curso da súa doenza que os derrotistas. Substituír o tratamento convencional polo alternativo sería porén altamente desaconsellábel, xa que a medicina moderna xa consegue mellorar o prognóstico e ata curar moitas formas de cancro, e é imposíbel dicir ao certo como reaccionará un doente á terapia convencional. Terapia PaliativaEn casos en que non haxa cura, a única cousa a facer é mellorar a calidade e duración da curta vida, con operacións cirúrxicas locais para retirar masas especialmente incómodas (que impidan o tracto aéreo por exemplo) e maila morfina e outros opioides para controlar a dor. Con todo, existen raros casos de difícil explicación en que ocorreron mellorías significativas en doentes de fase terminal. PrognósticoO prognóstico do cancro en xeral é altamente variábel. Algúns tipos, como a maioría dos cancros pediátricos, Linfoma de Hodgkins e Carcinomas da Tiroide teñen un prognóstico excelente, con cura, mesmo en estadios avanzados. Outros, como o carcinoma do páncreas ou o carcinoma de células pequenas do pulmón, aínda son case sempre fatais. Para a maioría dos tipos de cancro, con todo, o prognóstico depende do estadio. Este é unha análise feita xeralmente pola anatomía patolóxica, que infire polas características morfolóxicas do tumor cal o estadio de progresión e polo tanto cal o prognóstico. A maioría dos tumores xa extensamente metastisados son incurables e a terapéutica é apenas paliativa, ou sexa diminuír o desconforto do doente, principalmente con opioides. En total, preto do 40% dos casos de cancro resultan en remisión prolongada ou cura. Estes inclúen as formas xa curables e os estadios iniciais da maioría dos outros tipos. Entre os 60% de casos que resultan en morte inexorable, inclúense algunhas formas incurables en calque estadio (carcinoma anaplásico da tiroide ou glioblastoma multiforme un tumor do cerebro), ademais dos casos de estadio máis avanzado da maioría das formas. O prognóstico en anos é moitas veces apenas unha predición calculada. Os doentes con formas máis agresivas poden vivir menos dun ano, mentres que a maioría vivirá máis dalgúns anos despois do diagnóstico, se se acompaña de terapia. Unha gran minoría, en crecemento co progreso da Medicina, será curada ou terá remisións durante máis de 10 anos. NomenclaturaO termo neoplasia é grego e refírese a "novo crecemento". Cancer é o nome en latín de cangrexo. Os varios tipos de neoplasia maligna son clasificados de acordo co tipo de célula de orixe e a morfoloxía microscópica.
Vexa tamén: Tumores en órganos específicos
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.