Canal da Mancha

Article on other languages:

Canle da Mancha vista por satélite

A Canle da Mancha ou Estreito de Dover é a parte do Océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o Mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 Km2. En francés chámase La Manche, en alemán Der Ärmelkanal e en inglés English Channel.

Ten aproximadamente 563 km (350 millas) de ancho e a súa parte máis longa é de 240 km (150 millas). O seu punto máis estreito ten apenas 34 km (21 millas), de Dover ata o Cabo Griz-Nez.

De pouca profundidade (20 a 30 m), o estreito tamén é recheado de dunas submarinas que se desprazan e se modifican baixo o efecto das correntes e mareas, o que torna os accidentes bastante frecuentes.


A canle da Mancha comunica:

A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan a Francia á Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.

As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Mancha, próximas ao lado francés. A illa de Ouesant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.

O département (departamento) da Mancha, que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle, ten ese nome debido á rexión marítima circunviciña.

Nota: Mancha é unha tradución de 'Manche', en francés, que foi traducido erroneamente para 'Mancha' por portugueses e españois, pois en francês 'Manche' non quer dicir 'Mancha' e si 'Manga'.

Véxase tamén

Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.