|
Article on other languages:
|
En física, unha caloría, símbolo cal, é a cantidade de calor (enerxía) necesaria para elevar en 1 grau Celsius a temperatura de 1 gramo de auga (lembrando que o calor específico da auga é 1). Unha caloría é equivalente polo tanto a 4.18 Joule. Uso equívocoCando usamos caloría para nos referirmos ao valor enerxético dos alimentos, na verdade queremos dicir a cantidade de calor necesaria para elevar en 1 grau Celsius a temperatura de 1 quilogramo (equivalente a 1 litro) de auga. O correcto neste caso sería utilizar kcal (quilocaloría), porén o uso constante en nutrición fixo que se modificase a medida. Así, cando se di que unha persoa precisa de 2.500 calorías, na verdade son 2.500.000 calorías. véxase tamén |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.