|
Article on other languages:
|
O Calendario musulmán é lunar. Baséase en ciclos lunares de 30 anos (360 lunacións, de tradición sumeria). Os 30 anos do ciclo divídense en 19 anos de 354 días e 11 anos de 355 días. Os anos de 354 días chámanse anos simples e divídense en seis meses de 30 días e outros seis meses de 29 días. Os anos de 355 días chámanse intercalares e divídense en sete meses de 30 días e outros cinco de 29 días. Anos e meses van alternándose. É dicir, cada 33 anos musulmáns equivalen a 32 anos cristiáns. As intercalacións fanse engadindo un día ao final do mes de dulhiyah nos anos 2º, 5º, 7º, 10º, 13º, 16º, 18º, 21º, 24º, 26º e 29º de cada ciclo de 30 anos. O ano musulmán componse de 12 meses de 30 ou 29 días:
Se consideramos a diferenza de días entre o calendario lunar e o solar, e o feito de comezar o ano en datas diferentes, darémosnos conta da dificultade de establecer unha correspondencia entre o calendario musulmán e o cristián. Existen táboas de correspondencia de anos, pero para un cálculo rápido e aproximado serven as seguintes fórmulas: Para pasar do ano musulmán ao cristián G = H + 622 – (H/33) Para pasar do ano cristián ao musulmán H = G – 622 + (G - 622/32) Onde: G = ano cristián (ano gregoriano) H = ano musulmán (héxira) Estas fórmulas serven para establecer a correspondencia de anos musulmáns e cristiáns dun xeito aproximado. Para establecer a correspondencia dunha data concreta a cousa é case imposible, e ata os historiadores admiten un erro dun día máis ou menos. A causa deste desfase é que o inicio e o fin de cada mes regúlase segundo o ciclo lunar observable, o que leva a introducir un día de máis cando as observacións non coinciden co cálculo teórico. Ver tamén |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.