O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.
Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes, etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme ao movemento real das estacións, o sol e os astros.
Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude.
Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol.
Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.
Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.
âshâŗh ("r" pronunciado coa lingua na mesma posición que para pronunciar "d" + expiración)
xullo - agosto
सावन
shrâvan ou sâvan
वरषा (varşhâ = “as choivas”)
agosto - setembro
भादरपद ou भादों
bhadõ
setembro - octubro
आशिव ou कवार
âshvin ou kvâr
शरद (sharad = “outono”)
outubro - novembro
कािरतक
kârtik
novembro - decembro
अगहन
aghan
हेमंत (hemant = “inverno”)
decembro - xaneiro
पौष ou पूस
pûs ou paush
xaneiro - febreiro
माघ
mâgh
िशिशर (shishir = “a rosada”)
febreiro - marzo
फगुन ou फलगुन
fagun o falgun
aquí os meses preséntanse na orde do "Calendario Nacional Hindú", os meses empezan entre o 20 e o 23 do primeiro mes occidental citado, duran 30 ou 31 días, noutros calendarios a duración pode ser máis variable (entre 29 e 32).