|
Article on other languages:
|
A cadea alimentaria, tamén coñecida como cadea trófica, é a corrente de enerxía e nutrientes que se establecen entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición. Niveis tróficos dun ecosistemaNunha biocenose ou comunidade biolóxica existen:
En moitas especies distintas, as categorías de individuos poden ter diferentes maneiras de nutrirse, que nalgúns casos as situarían en distintos niveis tróficos. Por exemplo as moscas da familia Sarcophagidae, son colletadoras de néctar e outros líquidos azucrados durante a súa vida adulta, pero mentres son larvas a súa alimentación típica é a partir de cadáveres (están entre os “vermes” que se desenvolven durante a putrefacción). Os anuros (rás e sapos) adultos son carnívoros, pero as súas larvas, os cágados, roen as pedras para obter algas. Nos mosquitos (fam. Culicidae) as femias son parasitas hematófagas de animais, pero os machos emprlgan o seu aparato bucal picador para alimentarse de savia vexetal. Pirámides tróficasA pirámide trófica é unha forma especialmente abstracta de describir a circulación de enerxía na biocenose e a composición desta. Basease na representación desigual dos distintos niveis tróficos na comunidade biolóxica, porque sempre é máis a enerxía mobilizada e a biomasa producida por unidade de tempo, canto máis baixo é o nivel trófico. Tamén se soe manifestar este fenómeno indirectamente cando se censan ou recontan os individuos de cada nivel, pero aquí as excepcións son máis frecuentes e teñen que ver coas grandes diferencias de tamaño entre os organismos e cos distintos tempos de xeración, dando lugar a pirámides invertidas. Así nalgúns ecosistemas os membros dun nivel trófico poden ser moito máis voluminosos e/ou de ciclo vital máis largo que os que dependen deles. É o caso que observamos por exemplo en moitas selvas ecuatoriais onde os produtores primarios son grandes árbores e os principais fitófagos son formigas; nun caso así o número máis pequeno representa o nivel trófico máis baixo. Tamén se inverte a pirámide de efectivos cando as biomasas dos membros consecutivos son semellantes, pero o tempo de xeración é moito máis breve no nivel trófico inferior; un caso así pode darse en ecosistemas acuáticos onde os produtores primarios son cianobacterias ou nanoprotistas. Tamén podemos atopar a relación da enerxía e os niveis tróficos: Nesta sucesión de etapas, nas que un organismo se alimenta e é devorado, a enerxía flúe dende un nivel trófico a outro. As plantas verdes ou outros organismos que realizan a fotosíntese utilizan a enerxía solar para elaborar hidratos de carbono para as súas propias necesidades. A meirande parte desta enerxía química procésase no metabolismo e pérdese en forma de calor na respiración. As plantas converten a enerxía restante en biomasa, sobre o chan como tecido leñoso e herbáceo e baixo como raíces. Por último, este material, que é enerxía almacenada, se transfire ó segundo nivel trófico que comprende os herbívoros que pastan, os descompoñedores e os que se alimentan de detritos. Si ben, a maior parte da enerxía asimilada no segundo nivel trófico pérdese de novo en forma de calor na respiración, unha porción se converte en biomasa. En cada nivel trófico os organismos converten menos enerxía en biomasa que a que reciben. Polo tanto, cantos máis pasos se produzan entre o produtor e o consumidor final, a enerxía que queda dispoñible é menor. Rara vez existen máis de catro eslabóns, ou cinco niveis, nunha rede trófica. Co tempo, toda a enerxía que flúe a través dos niveis tróficos pérdese en forma de calor. O proceso por medio do cal a enerxía perde a súa capacidade de xerar traballo útil denomínase entropía. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.