As células eucarióticas animais teñen un orgánulo chamado centríolo que pola súa contra non teñen as células eucarióticas vexetais.
As células eucarióticas vexetais teñen tamén un orgánulo exclusivo chamado cloroplasto.
As células eucarióticas vexetais teñen vacúolos moito máis grandes que as células eucarióticas animais.
As células eucarióticas vexetais teñen unha capa exterior protectora chamada parede celular que as células eucarióticas animais non teñen.
As células eucarióticas animais acostuman a ter un órganulo chamado lisosoma que non é moi habitual ver nas células eucarióticas vexetais.
As células eucarióticas animais só fan a respiración celular, en troques as células eucarióticas vexetais fan a respiración celular e máis a fotosíntese.
Bioloxía en progreso: Este artigo relacionado coa Bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que tamén podes contribuír.