Célula eucariótica

Article on other languages:

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eucariótica.

As células eucarióticas son células que teñen o seu material hereditario fundamental (a súa información xenética) encerrado dentro dunha dobre membrana, a envoltura nuclear, que delimita un núcleo celular. A célula eucariótica divídese en dous tipos: célula eucariótica animal e célula eucariótica vexetal.

A alternativa á organización eucariótica da célula é a chamada célula procariótica. Nestas células o material hereditario aparece máis ou menos disperso no citoplasma. As células eucarióticas non contan cun compartimento ao redor da membrana plasmática, como o que teñen as células procariotas.

Aos organismos formados por células eucarióticas denomínaselles eucariontes.

Bioloxía en progreso: Este artigo relacionado coa Bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que tamén podes contribuír.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.