|
Article on other languages: |
O cánabo é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies cannabis rudelaris, cannabis indica e cannabis sativa, este artigo trata da cannabis rudelaris. É tamén o nome dun tecido obtido a partir das fibras desta planta. Alén de roupas, é utilizado na fabricación de papel e como forraxe animal.
CultivoMoi cultivado en varias partes do mundo, inclusive na Europa, onde a Unión Europea en 1998 o legalizou e autorizou inclusive o subsidio ao liño de cánabo. Hai limitacións canto ao seu cultivo, permítes só en terrenos de máis de unha hectárea, segundo normas da comisión agrícola europea. Non confundir coa marihuana, na que o contido de THC é ben superior ao do cánabo, a pesar da similaridade da especie. UtilizaciónA planta é integralmente utilizada para diversos fins, mais destaca especialmente a súa fibra, tamén chamada de filaza, moi usada na industria de papel, pois unha hectárea de cáñamo produce o mesmo que catro hectáreas de eucaliptos, nun período de vinte anos. A industria téxtil tamén é un bon mercado para o cánabo, por este ser cinco veces máis resistente que o algodón, e cos seus longos feixes de ata 4,5 m é usado para fabricar cordas e amarras de navíos pois son bastante resistentes. Da semente extraese un óleo moi usado na industrias de cosméticos como base para cremas, champús, óleos hidratantes, etc, na industria mecánica para vernices, lubrificantes, combustíbeis, tintas e outros, ben como para a alimentación humana en aceites, tempero, margarina, flocos de cereais, snacks e outros . ProdutoresActualmente os maiores produtores son;
No que se refire a ampliación de sementeira agrícola, no ano 1999 pódese observar o crecemento na área de cultivo nalguns países como;
Os valores en 2005 permanecen case constantes. Ligazóns externas[1] Documento do Goberno Portugues, que iniciou a legalización do cáñamo na Europa pola U.E (Unión Europea) |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.