|
Article on other languages:
|
Bydgoszcz é unha cidade do norte de Polonia, a carón dos ríos Brda e Vístula. O termo municipal abrangue 175 km² e a súa poboación é de 364.953 habitantes(2006), chegando a 400.000 no conxunto da área metropolitana o que a converte na 8ª cidade do país. Desde 1999 é a capital do condado de Bydgoszcz. É sede da Universidade Casimiro o Grande, da Universidade de Tecnoloxía e Ciencias da Vida e do Collegium Medicum e nas súas proximidades está o Aeroporto Internacional Ignacy Jan Paderewsk Bydgoszcz. HistoriaOrixinalmente un asentamento pesqueiro a cidade medrou por mor das rotas comerciais do Vístula. Os cabaleiros teutónicos ocuparon a cidade entre 1331 e 1337 e máis tarde polo rei Casimiro II de Polonia quen lle outorgou dereitos de cidade o 19 de abril de 1346. Nos séculos XV e XVI a cidade ocupou un lugar salientable para o comercio do millo. En 1657 Xoán II Casimiro de Polonia e Federico Guillerme de Brandenburgo-Prusia asinaron aquí o Tratado de Bydgoszcz. Prusia anexionou Bydgoszcz en 1772 na coñecida como Primeira Partición de Polonia, e incorporouna ao distrito de Netze. En 1807 Bydgoszcz converteuse en parte do Ducado de Varsovia e de novo volveu a Prusia en 1815 como parte do Gran Ducado de Poznań. Logo de 1871 a cidade formou parte do Imperio Alemán. En 1919 incorporouse a Polonia de novo. O 3 de setembro de 1939 pouco despois da entrada do exército alemán en Polonia aconteceu nos arredores da cidade a masacre coñecida como Domingo sanguiñolento de Bydgoszcz na que morreron numerosos civís polacos e alemáns. A Alemaña nazi usou este incidente como propaganda contra os polacos despois da ocupación da cidade o 9 de setembro. Segundo a Nowa encyklopedia powszechna PWN 37.000 cidadáns da cidade morreron durante a guerra, milleiros deles en campos de concentración. En 1945 Bydgoszcz foi liberada e anexionada outra vez a Polonia. More about Bydgoszcz: pks bydgoszcz, bydgoszcz vacation, mieszkania bydgoszcz, bydgoszcz flight, bydgoszcz nieruchomo�ci, zawisza bydgoszcz, alveo bydgoszcz, bydgoszcz car rental, nieruchomosci bydgoszcz, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.