|
Article on other languages:
|
O butano (tamén chamado n-butano) é un hidrocarburo saturado, parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5 °C, formado por catro átomos de carbono e por dez de hidróxeno, cuxa fórmula química é C4H10. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou metilpropano. Como é un gas incoloro e inodoro, na súa elaboración engádeselle un odorizante (xeralmente un mercaptano) que lle confire un cheiro desagradable. Isto permítelle ser detectado nunha fuga, porque aínda que non é tóxico, pode provocar unha explosión. En caso de extinción dun lume por gas butano emprégase anhídrido carbónico (CO2), po químico ou néboa de auga para arrefriar e dispersar vapores. O butano comercial é un gas licuado, obtido por destilación do petróleo, composto principalmente por butano normal (60%), propano (9%), isobutano (30%) e etano (1%). AplicaciónsA principal aplicación do gas butano é a de combustible en fogares para a cociña e auga quente, e nos mecheiros de gas. Non adoita consumirse en grandes cantidades debido ás súas limitacións de transporte e almacenaxe. Non é adecuado para o seu transporte vía gasodutos xa que pola súa alta temperatura de licuefacción poderíase condensar nas conducións. De feito elimínanse os restos de butano e propano do gas natural por este motivo. O gas butano transpórtase na típica bombona de butano, que é un envase cilíndrico, de paredes de aceiro, de cor laranxa e que contén 12,5 quilogramos de butano. Tamén existen novas bombonas de butano máis lixeiras, fabricadas con outros materiais como o aceiro inoxidable. Ligazóns Externas
More about Butano: butano park state, butano repsol, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.