|
Article on other languages:
|
Burrhus Frederic Skinner (20 de marzo de 1904 - 18 de agosto de 1990) foi un psicólogo, pensador e polemista norteamericano. Fundador do condutalismo ou behaviorismo radical. A súa obra mostra unha forte impregnación dos traballos de Ivan Pavlov e do primeiro behaviorista John Watson. Foi elexido polos seus pares como un dos psicólogos máis importantes do século XX, e tamén como un dos científicos máis influíntes de todos os tempos Graduado primeiramente en lingua e en literatura inglesa, posteriormente obteu un doutorado de psicoloxía en Harvard. Ensinou psicoloxía na universidde de Minnesota e logo na de Harvard. No 1938, despois de publicar dous traballos sobre dous tipos de condicionamento, dou a luz o artígo "The behaviour of organisms" (A conduta dos organismos) que é considerada a súa principal contribución á eleboración da teoría do condutalismo / behaviorismo. Contribución de SkinnerA maior contribución teórica en psicoloxía é o concepto de condicionamento operante, que diferenciou do conditionamento clásico pavloviano, ou resposta, ou clásico. Desde esta perspectiva, os comportamentos son seleccionados polas súas consecuencias sobre o entorno. Unha clase de comportamento constitúe un operante se a probabilidade de aparición de esas respostas é modulábel pola manipulación de variábeles de reforzo. Por exemplo, diráse que unha acción es condicionada de maneira operante cando a súa frecuencia acrecenta no comportamento dun organismo, de feito, consecuencias positivas para o organismo. No condicionamento clásico un estímulo entraña unha resposta; no condicionamento operante, refórzase unha resposta pola manipulación de continxencias. Esta noción permite integrar a espontaneidade do organismo no seo dun cadro explicativo mecanicista. Skinner estaba convencido de que era posíbel aplicar as súas teorías para construír unha sociedade mellor. Para difundir esta idea escrebeu a novela Walden 2, na que descrebía unha comunidadeon descrebía unha comunidade utópica que acadaba un elevado nivel de desenvolvemento social e persoal mercé a aplicación dos principios do condicionamento operante. Obras
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.