|
Article on other languages:
|
Recreación dun burato negro (fonte NASA)
Un buraco, furado ou burato negro é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo adxacente está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz (ao viaxar en liña recta, en realidade unha xeodésica, e estar o espazo curvo sobre si) pode fuxir. De aí o nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de radiación ou materia que se achegue demasiado. Pénsase que o feito de que a luz caia dentro destes obxetos é debido á súa enorme densidade, aínda que o feito é que os fotóns (Partículas mensaxeiras da radiación electromagnética) non teñen masa en repouso, senón só enerxía en movemento, véndose afectados pola gravidade a efectos desta.
Clasificación teóricaPoden existir polo menos tres clases de buratos negros (por orixe):
CaracterizaciónUn burato negro está limitado por un horizonte de sucesos do que nada pode fuxir, nin sequera a luz, de aí que sexan "negros". A materia atrapada no campo gravitatorio dun burato negro usualmente forma un disco de acreción arredor do horizonte de sucesos, e a materia que disipa o seu momento angular no disco vai caendo no furado. A ergosfera é unha superficie elipsoide que rodea ó horizonte de eventos, da que, en teoría, aínda se pode fuxir. Nela a materia encóntrase xirando ó redor a altísimas velocidades pretas ás da luz. O horizonte de eventos é a superficie que marca o límite dende o que xa non se pode fuxir. A singularidade é un punto ou zona de densidade e gravidade infinitas que se alcanza cun volume nulo e un radio cero. Estes infinitos e ceros o que realmente din é que a relatividade xeral non é axeitada para describilo, e probablemente precisa dunha teoría cuántica da gravidade. Un burato negro pode ser caracterizado ao completo con tres cantidades: masa, carga eléctrica e momento angular. Un furado negro sen carga e sen momento angular é un furado negro de Schwarzschild, namentres que un furado negro rotatorio (con momento angular maior que 0) denomínase furado negro de Kerr e só estes últimos son os que dispoñen de ergosfera. As solucións das ecuacións en ámbolos casos predín a existencia de buratos de verme, que, en teoría, poden ser portas no espazo-tempo que poderían comunicar dous puntos afastados do Universo ou do tempo, aínda que o seu propio 'inventor', Stephen Hawking, renegou recentemente desta idea. Crese que no centro da maioría das galaxias (entre elas a Vía Láctea) hai buratos negros supermasivos, aínda que moitos deles están actualmente inactivos. Segundo Stephen Hawking, a pesar da imposibilidade física de fuxida dun furado negro, estes terminarán evaporándose pola chamada Radiación de Hawking. Véxase taménOutros artigos
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.