Angela Merkel

Article on other languages:

Angela Merkel
Nome completo: Angela Dorothea Merkel
Chanceler de Alemaña
Período de goberno: 22 de novembro de 2005 - actualidade
Antecesor: Gerhard Schröder
Sucesor:
{{{cargoexecutivo2}}}
Período de goberno: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
Datos persoais
Data de nacemento: 17 de xullo de 1954
Lugar de nacemento: Hamburgo, Alemaña
Data de falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar de falecemento: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización(s): Christlich Demokratische Union Deutschlands - CDU
Cónxuxe: Ulrich Merkel (divorc.)
Joachim Sauer
Cargo(s): tamén foi Ministra de Mulleres e Xuventude e Secretaria Xeral da CDU
Profesión: pesquisadora de física e política

Angela Dorothea Merkel, nacida en Hamburgo, Alemaña, o 17 de xullo de 1954, é a chanceleresa de Alemaña na actualidade. Dirixe unha coalición formada polo seu partido, a CDU (Unión Democrática Cristiá), e a CSU (Unión Social Cristiá), xunto co SPD, (Partido Socialdemócrata de Alemaña).

Inicios

Angela naceu en Hamburgo, Alemaña, co nome de Angela Dorothea Kasner. Era filla de Horst Kasner, sacerdote luterano, e da súa muller Herlind, profesora. En 1954, a familia mudou para Templin. Merkel criouse no campo, a apenas oitenta quilómetros de Berlín, dentro de Alemaña Oriental.

Estudou física na Universidade de Leipzig dende 1973 ata 1978. Traballou dende entón ata 1990 no Instituto Central de Física-Química da Academia das Ciencias, graduándose cun doutorado en física e traballando en química cuántica.

En 1989, trala caída do Muro de Berlín, formou parte do partido Demokratischer Aufbruch, co que se converteu en deputada voceira. Despois da reunificación alemá, foi elixida parlamentaria. Co goberno de Helmut Kohl foi ministra de Mulleres e Xuventude. En 1994, fíxose ministra de Medio Ambiente, o que supuxo o inicio da súa vistosa carreira política.

Estivo casada dende 1977 ata 1982 con Ulrich Merkel. Divorciaron e casou outra vez en 1998 con Joachim Sauer.

Líder da oposición

Angela Merkel no Parlamento Europeo

Trala derrota electoral do goberno de Kohl en 1998, Angela Merkel fíxose secretaria xeral da CDU. Xa en 1999, o seu partido comezou a superar o SPD, pero xurdiron algúns problemas: houbo un escándalo que afectou o propio Kohl e a Wolfgang Schäuble, o líder da CDU. A raíz disto, Angela foi elixida para substituír a Schäuble.

Isto non agradou a moitos sectores do partido: ela era protestante, muller (a primeira en ser escollida) e procedía da Alemaña Oriental. Por iso, nas eleccións de 2002, o verdadeiro candidato do seu partido foi Edmund Stoiber, líder da CSU, que as perdeu contra Gerhard Schröder.

Dende 2002 ata 2005 foi gañando pouco en pouco apoios tanto no seu partido coma na sociedade alemá. Apoiou os Estados Unidos na Guerra de Iraq e propuxo reformas para face-la industria alemá máis competitiva.

Xefa do Goberno

En 2005, foi escollida candidata polo seu partido e gañou as eleccións alemás por unha estreita marxe de votos. Isto provocou que tivese que facer unha coalición co partido de esquerdas SPD, a raíz da cal converteuse na chanceleresa ou xefa de goberno de Alemaña.


Predecesor:
Gerhard Schröder

Chanceler da República Federal Alemana

2005 - Actualidade
Sucesor:
No cargo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

More about Angela_Merkel: angela merkel photo, angela merkel chancellor, angela lebenslauf merkel, angela merkel yahoo, biography angela merkel, angela daughter hitlers merkel,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.