|
Article on other languages:
|
Unha árbore é un tipo de vexetal perenne, de tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Son árbores, por exemplo, a cerdeira, a maceira, a abelaira, o piñeiro, etc. Certas especies de árbores poden superar os 100 metros de altura, e chegar a vivir durante miles de anos. As grandes árbores, coma as sequoias xigantes de California, poden pesar máis de 6.000 toneladas, o que as converte no ente vivo máis pesado que existiu sobre o planeta [Cómpre referencia]. As árbores son compoñentes importantes do medio natural así como útiles para os seres humanos como fornecedores de material de construción, transporte e mobiliario; alimento e recursos medicinais; leña para calefacción, etc. Tamén xogan un importante papel na cultura, considérense as árbores de Nadal, a árbore da sabedoría, a árbore xaponesa do amor (o xinkgo), etc.
ClasificaciónOs tres grupos principais de árbores son: MorfoloxíaSimboloxía na iconografía relixiosaÉ o eixo entre os mundos inferior, terrestre e celeste. Coincide coa cruz da Redención. Na iconografía cristiá, a cruz está representada moitas veces como árbore da vida. Esta árbore da vida xorde por primera vez na arte dos pobos orientais; é o hom a árbore central colocada entre dous animais ou dous seres fabulosos; é un tema mesopotámico que pasou a Extremo Oriente e Occidente por medio dos persas, árabes e bizantinos. Para as teogonías orientais o hom ten un sentido cósmico, está situado no centro do Universo e móvese coa idea do Deus creador. No paraíso, a árbore da vida estaba oculta. Na arte románica encóntrase ás veces con algunhas variacións. O hom, ó pasar á simboloxía cristiá, representa a Xesucristo. No claustro da igrexa de Santa María la Real de Nieva na provincia de Segovia (España), nalgúns capiteis pódese observar a representación do hom oriental como símbolo da árbore da vida:
Pero non só no cristianismo achamos o culto ás árbores. Así, por exemplo:
Véxase taménBibliografía
Outros artigos
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.