|
Article on other languages:
|
Ácido - É unha especie química (molécula ou ion) que pode ceder protóns (H+). Un exemplo é o ácido clorhídrico, de fórmula HCl:
O concepto de ácido é o contraposto ao de base. Para medir a acidez dun medio utilízase o concepto de pH.
Distintas definicións de "ácido":A definición anterior corresponde a formulada por Brönsted e Lowry en 1923, e xeneraliza a teoría anterior de ácidos de Arrhenius, de 1887. Na definición de Arrhenius un ácido é unha substancia que ao ionizarse produce ions H+ (en solución acuosa). A teoría de Brönsted e Lowry de ácidos tamén serve para disolucións non acuosas; as dúas teorías son moi parecidas na definición de ácido, mais a de Bronsted-Lowry é moito máis xeral. Lewis en 1923 ampliou aínda máis a definición de ácidos, teoría que non obtivo repercusión ata algúns anos máis tarde. Segundo a teoría de Lewis un ácido é aquela especie química que, en calquera medio, pode aceptar un par de electróns. Desta forma inclúense substancias que se comportan como ácidos, mais non cumpren a definición de Brönsted e Lowry, sendo denominadas ácidos de Lewis. Visto que o protón, segundo esta definición, é un ácido de Lewis (ten valeiro o orbital 1s, onde pode aloxarse o par de elétrons), pódese afirmar que todos os ácidos de Brönsted-Lowry son ácidos de Lewis, e todos os ácidos de Arrhenius son de Bronsted-Lowry.
Forza dos ácidos
Neste caso (HAc equivale ao ácido acético), e a seta dupla indica o equilíbrio. Alguns ácidos
Véxase taménOutros artigosMore about %C3%81cido: ácido úrico, fumárico ácido, cáncer fólico ácido, poliglicólico ácido, bórico ácido, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.